Adeus Blogaliza, ola WordPress

Cansos de esperar que Blogaliza realizase a importación do blog dos galeuros dentro do seu sistema, solicitada por primeira vez o 15/09/2010 dentro do acordo marco entre Fillos de Galicia e Blogaliza, e reiterada en diversas ocasións desde entón, a Xunta Directiva da nosa asociación decideu non demorar máis a recuperación deste blog e trasladalo a WordPress.com onde o usuario si que pode realizar por si mesmo a importación de blogs, ao contrario que no sistema Blogaliza.

A partir de agora será a ubicación do blog que dea conta da actualidade da nosa moeda será http://galeuros.wordpress.com . Lamentamos que este tempo de desaparición da Rede teña perxudicado o posicionamento acadado durante a etapa anterior nos buscadores e que a xente que procurase información durante este tempo non puidese acceder a ela, nomeadamente os posuidores de galeuros. Pregamos desculpas a todos eles e esperamos que esta explicación do sucedido poida polo menos aclarar a situación e entender de quen foi responsabilidade.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.